11 sept. 2011

Asemblea Xeral.Sábado 17 Setembro ás 7 da tarde.


O Sábado 17, ás 7 da tarde, na praza do Campo, a Asemblea Popular das Mariñas de Betanzos, convoca a unha nova asemblea xeral.
No mes de agosto continuamos a facer xuntanzas todos os venres e agora pensamos que xa chegou o momento de volver a convocar a todos os nosos amigos e amigas.

 Na asemblea faremos un pequeno resumo da situación xeral do movemento 15M, das actividades feitas en Betanzos nestes dous ultimos meses, e das propostas nas que estamos traballando (Universidade Popular e Banco de Tempo).

Agardamos a túa presencia. Ti te representas, eles non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario